Convocatoria Xunta Xeral Ordinaria e Extraordinaria de Asociados. ATA Galicia

1', 16"

Acorda convocar aos asociados para celebrar a Asemblea Xeral Ordinaria para o próximo día 29 de Outubro ás 10:00h

24 Septiembre 2021
Fecha:
29/10/2021
Hora:
10:30 am
Lugar:

ASOCIACIÓN DE TRABALLADORES POR CONTA PROPIA DE GALICIA – ATA

CONVOCATORIA XUNTA XERAL ORDINARIA E EXTRAORDINARIA DE ASOCIADOS

En cumprimento co disposto nos artigos 25, 26 e 43 dos Estatutos da Asociación de Traballadores por Conta Propia de Galicia – ATA, o Presidente acorda convocar aos asociados para celebrar a Asemblea Xeral Ordinaria para o próximo día 29 de Outubro ás 10:00h en primeira convocatoria, e ás 10:30h en segunda convocatoria.

Debido ás extraordinarias circunstancias que estamos a vivir, a Asemblea Xeral celebrarase a través de medios telemáticos, tal e como faculta o Real Decreto-ley 34/2020, de 17 de noviembre, de medidas urgentes de apoyo a la solvencia empresarial y al sector energético, y en materia tributaria. Nos próximos días facilitarase ligazón á plataforma a través da cal poderán conectarse os asociados e exercer así os seus dereitos, previa confirmación de asistencia ao correo electrónico galicia@ata.es non máis tarde do día 27 de outubro do 2021 ás 14 horas e con arranxo ao seguinte orde do día:

1.- Lectura e aprobación da Acta anterior

2.- Aprobación das contas do exercicio 2020

3.- Informe anual do Secretario Xeral, memoria de actividades.

4.- Informe do Presidente.

5.- Rogos e preguntas

Ao finalizar a Xunta Xeral Ordinaria celebraríase a Xunta Xeral Extraordinaria cós únicos puntos do orden do día de presentación de candidaturas, votación e elección de nova xunta directiva.

É imprescindible para asistir tanto a Asamblea Xeral Ordinaria coma a Extraordinaria, acreditar a condición de socio e exhibir no seu caso, o documento que acredite a representación doutro asociado.

0 prazo para a presentaci6n de candidaturas ante a Xunta Directiva terminará sete dias antes do dia no que se celebren as elecci6ns. As candidaturas presentaranse pechadas e bloqueadas co nome dos membros da Xunta Directiva.

En A Coruña, a 24 de Setembro de 2021.

Anterior publicación
Siguiente publicación

Orange Empresas

25. 09. 2021

Te puede interesar

28. 11. 2022
ATA Comunidad Valenciana. Asamblea ordinaria 2022
LEER MÁS
24. 11. 2022
ATA Castilla-La Mancha. Asamblea ordinaria 2022
LEER MÁS
21. 11. 2022
XXI Premios Autónomo del Año
LEER MÁS